viernes, 29 de enero de 2010

miércoles, 27 de enero de 2010

En tempo de Nadal


Como non só de festas vive o home, coincidindo co Nadal instalouse na igrexa parroquial de Santa María de Barazón un belén ben xeitoso. Non se tivo perda nin do musgo, nin do río de prata nin das figuras. Maricarme, Lola, Celia, Corona, Roberto, Martina, Marga e Lorena foron os artífices.
Deixámosvos algúns testemuños gráficos...

martes, 26 de enero de 2010

Festa de entroido


Como o entroido está á volta da esquina, queremos convocarvos xa ao que será o primeiro acto público da asociación. O vindeiro domingo 14 de xaneiro terá lugar no local social de Os Castros unha festa de entroido. Estades todos chamados, ben sexa disfrazados ou sen disfrazar, para participar nunha festa na que non faltarán nin filloas nin orellas. Ademais, en colaboración coas asociacións O Noso Lar e Aires da Beseña tentaremos facer unha pequena romaría. Non volo perdades!!

Os primeiros pasos

En plena costa de xaneiro, entrando de cheo no tempo das filloas e as orellas, bota a andar este blog. Aspira, aínda que coa máxima humildade, a servir como pequeno voceiro da Asociación Cultural e Veciñal Os Castros. O colectivo veciñal, que ampara a veciños e veciñas das aldeas de Chorén e Barazón, tamén está a dar os seus primeiros pasos. Agardamos que lle espere unha longa e fructífera vida da que vos iremos informando a través deste blog pouco a pouco.
Unha forte aperta dende a directiva da asociación.