sábado, 7 de mayo de 2011

O San Xoán trasládase ao sábado 25 para facilitar a todo o mundo que poida asistir. Próximamente daranse detalles de inscrición.

miércoles, 30 de marzo de 2011

As fotos do entroido de 2011 - by Miguel

Aí van unhas cuantas fotos máis. O resto pódelas ver na galería de fotos e vídeo de Flickr que atoparás no menú lateral dereito.

Unha aperta a todos polo traballo tan ben feito e que sigades así de animados moitísimo tempo. PARABÉNS !!!






martes, 23 de febrero de 2010

Así foi o entroido de 2010















Como unha imaxe vale máis ca moitas palabras, deixos unhas instantáneas que vos traerán bonitos recordos. A maioría son cortesía de Edita, que exerceu como fotógrafa oficial, e á que llo agradecemos!

viernes, 12 de febrero de 2010

Xa só quedan unhas horas!


Xa está aquí! Apenas quedan horas para o Entroido, e como ben din os nosos amigos do blog Aires da Besenha, hai que ir sacando as mellores galas do armario. Que Don Carnal só vén de ano en ano.
Xa vos convocaramos en anteriores entradas, festas, e demais repertorio, pero refrescámosovos a memoria:
o domingo 14, a iso das 3 da tarde (sede puntuais, por favor!)comezará a festa de Entroido no local social de Os Castros. Estades todos convocados para gozar dun espectáculo único!
Como prato forte, contaremos coa actuación estelar, de Conhachas Show!! Esta tempada só ofrecerán tres concertos en todo o país, así que aproveitade a oportunidade. O sábado noite actuarán en Melide, e o domingo, se Dona Resaca non o impide, ofrecerán un primeiro pase en Chorén+Barazón, antes de tomar rumbo a Visantoña, donde pecharán a xira deste ano. Os ritmos pegadizos, as coreografías, e a sensualidade que destilan cada unha das compoñentes de Conhachas Show, estarán ao noso carón. (Haberá tamén ocasión de pedir autógrafos e sacarse fotos coas artistas).
E para recuperarse do concerto, un pequeno "piscolabis" cortersía da asociación, e sobre todo das cociñeiras que se porán aos fogóns a tardiña do sábado e a mañá do domingo.
Como xa vos dixeramos, agardamos vervos a todos alí, e disfrazados!! Os máis pequerrechos terán un pequeno agasallo, e os maiores, o recoñecemento dos demais e un bo aplauso.
Deica domingo, e vémonos disfrazados!!

martes, 2 de febrero de 2010

O antes e o despois





Ao longo das últimas semanas o local social de Os Castros foi sufrindo unha trasnformación ao máis puro estilo "Esta casa era una ruína". A pesar de que aínda non está rematado, as labores máis potentes xa están feitas. Deixovos un par de fotillos para que vexades algo do cambio, aínda que vos recomendo que o mellor, é velo en directo!
Por certo, tamén vos amoso a parte da "cuadrilla" de operarios que participou nas tarefas de reconstrución....

viernes, 29 de enero de 2010

miércoles, 27 de enero de 2010

En tempo de Nadal


Como non só de festas vive o home, coincidindo co Nadal instalouse na igrexa parroquial de Santa María de Barazón un belén ben xeitoso. Non se tivo perda nin do musgo, nin do río de prata nin das figuras. Maricarme, Lola, Celia, Corona, Roberto, Martina, Marga e Lorena foron os artífices.
Deixámosvos algúns testemuños gráficos...