Xa está aquí! Apenas quedan horas para o Entroido, e como ben din os nosos amigos do blog Aires da Besenha, hai que ir sacando as mellores galas do armario. Que Don Carnal só vén de ano en ano.
Xa vos convocaramos en anteriores entradas, festas, e demais repertorio, pero refrescámosovos a memoria:
o domingo 14, a iso das 3 da tarde (sede puntuais, por favor!)comezará a festa de Entroido no local social de Os Castros. Estades todos convocados para gozar dun espectáculo único!
Como prato forte, contaremos coa actuación estelar, de Conhachas Show!! Esta tempada só ofrecerán tres concertos en todo o país, así que aproveitade a oportunidade. O sábado noite actuarán en Melide, e o domingo, se Dona Resaca non o impide, ofrecerán un primeiro pase en Chorén+Barazón, antes de tomar rumbo a Visantoña, donde pecharán a xira deste ano. Os ritmos pegadizos, as coreografías, e a sensualidade que destilan cada unha das compoñentes de Conhachas Show, estarán ao noso carón. (Haberá tamén ocasión de pedir autógrafos e sacarse fotos coas artistas).
E para recuperarse do concerto, un pequeno "piscolabis" cortersía da asociación, e sobre todo das cociñeiras que se porán aos fogóns a tardiña do sábado e a mañá do domingo.
Como xa vos dixeramos, agardamos vervos a todos alí, e disfrazados!! Os máis pequerrechos terán un pequeno agasallo, e os maiores, o recoñecemento dos demais e un bo aplauso.
Deica domingo, e vémonos disfrazados!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario