
Como o entroido está á volta da esquina, queremos convocarvos xa ao que será o primeiro acto público da asociación. O vindeiro domingo 14 de xaneiro terá lugar no local social de Os Castros unha festa de entroido. Estades todos chamados, ben sexa disfrazados ou sen disfrazar, para participar nunha festa na que non faltarán nin filloas nin orellas. Ademais, en colaboración coas asociacións O Noso Lar e Aires da Beseña tentaremos facer unha pequena romaría. Non volo perdades!!
o de primeiro acto público é un decir que xa levades algo andado. ánimo e a seguir así, vémonos o 14 e saúdos a Mis Brasil;
ResponderEliminardende o outro lado do Beseña, moitos parabens
Anonimo di que son duas as asociacions que faran posible esa gran festa...
ResponderEliminarFdo. Pablo Balboa Oro
arranxado.
ResponderEliminarMil desculpas don Pablo Balboa Oro, jeje
Está ben que algúns compoñentes de Aires da Beseña sexamos de Visantoña, pero a Asociación en sí non é de Visantoña( se le esto algún vaime á chepa).senon pregúntalle ó presidente: Pabliño.Saúdos
ResponderEliminar